Begasa instalará novos elementos de sinalización na ría de Ribadeo
Begasa instalará novos elementos de sinalización na ría de Ribadeo
No verán pasado un mozo falecera a consecuencia dunha descarga despois de chocar o mastro do seu veleiro cun cable na ría
A empresa Begasa instalará novos elementos de sinalización dos tendidos eléctricos que cruzan o río Eo, concretamente nas cinco localizacións suxeridas no seu momento polo Concello de Ribadeo, despois do tráxico accidente que lle custou a vida a un mozo ao chocar o mastro do seu veleiro cun cable na ría.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, confirmou que o Concello recibiu “hai uns días” unha “comunicación por parte da empresa eléctrica Begasa” para informar “da colocación de sinalización para a navegación nos tendidos eléctricos que cruzan as partes máis altas do río Eo, concretamente en cinco posiciones”.
O rexedor tamén explicou que a propia empresa informou o Concello de que “actualmente as súas liñas cumpren as normativas técnicas vixentes”, pero “non hai norma algunha que obriga á sinalización dos tramos navegables”. “Con todo, fixérono, porque tamén vos consta que fora requirida pola Delegación do Goberno en Galicia”.