Publicador de contidos
Publicador de contidos

Benedicta Sánchez protagoniza a nova campaña de Mel de Galicia

Benedicta Sánchez protagoniza a nova campaña de Mel de Galicia

O director Oliver Laxe converteuna en apicultora nunha albariza dos Ancares

Mel de Galicia, un modo de vida remarca a importancia da apicultura para preservar as poboacións rurais e a natureza

O audiovisual pódese ver en youtube e na páxina web do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia

G24.gal 09/02/2023 14:29

"Mercar mel de Galicia axuda a preservar un xeito de vida". Esta é a mensaxe da nova campaña do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida. Os encargados de transmitir esta mensaxe son o cineasta Óliver Laxe e a súa actriz de cabeceiraBenedicta Sánchez, métese nun traxe de apicultora para promover o selo de calidade da IXP. O papel resultoulle moi afín porque ten experiencia nese terreo.

"Eu era unha louca coas abellas; gustábanme moito. Nunca lles tiven medo e nunca me picaron", relata a actriz.

A memoria do personaxe de Benedicta fai de fío para recuperar imaxes de lugares e xentes noutros tempos e tamén a importancia da apicultura para preservar a vida neses espazos, tanto a vida social coma a da natureza, como remarca a María Esther Ordoñez, a presidenta da IXP Mel de Galicia. 

"O mel si se podería importar, pero o que non poderemos importar nunca é a polinización. Iso teñen que facelo as abellas no territorio", explica.

O director, que asistiu á presentación desde a súa casa dos Ancares vía online, foi quen determinou que a gravación se fixese nunha alvariza da comarca. Dixo tamén que aceptara este traballo publicitario, cousa que non adoita facer, porque neste caso ten unha repercusión social, algo que recalca Benedicta expresamente ao cabo do audiovisual: "Busca a etiqueta de Mel de Galicia e participa na preservación dun modo de vida". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade