Publicador de contidos
Publicador de contidos

BlaBlaCar pon en marcha un autobús entre O Porto e París con paradas en Vigo e A Coruña

BlaBlaCar pon en marcha un autobús entre O Porto e París con paradas en Vigo e A Coruña

O traxecto custará 50 euros durante a Semana Santa

G24.gal 16/03/2023 21:48 Última actualización 16/03/2023 22:18

A empresa BlaBlaCar vai poñer en marcha un autobús entre O Porto e París a partir do 29 de marzo. A liña inclúe paradas en Vigo e na Coruña.

O traxecto París-O Porto terá unha duración estimada de 24 horas e un prezo ao redor dos 50 euros durante a tempada de Semana Santa, segundo informou a compañía nun comunicado.

A este percorrido súmanse outros novos itinerarios que se poñerán en marcha a partir do 6 de abril e que conectarán Madrid coa capital de Portugal e algunhas cidades de Francia, con prezo estimado de 50 euros tanto para as viaxes entre Madrid, Lisboa e París como para a liña que conecta as cidades de Lyon e Montpellier con Toulouse e a capital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade