Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bota a andar en Lugo unha nova unidade de elite da Garda Civil

Bota a andar en Lugo unha nova unidade de elite da Garda Civil

Está composta por 11 axentes cun alto grao de especialización que contan con material coa última tecnoloxía

G24.gal 28/10/2024 14:20

Velar pola seguridade cidadá e actuar en situacións de risco, son as funcións da USECIC, unha nova unidade da Garda Civil que bota a andar en Lugo e que abarcar divesas misións. 

"Un sistema de orde pública de control de masas, corte de estradas, manfestacións", sinala o garda civil Carlos Cancio.

Teñen que responder en situacións críticas e van equipados coa última tecnoloxía para mellorar a eficiencia das súas intervencións.

"Cando temos unha apertura máis perigosa utilizamos máis blindaxe", conta o garda civil Javier Ligenfert.

"Unha pistola eléctrica incapacitante neuromuscular, unha ferramenta nova moi útil en situacións de gran violencia, que cando a activamos se activa unha cámara corporal que gravaría a intervención", relata o garda civil Diego López.

Unha unidade de elite para afrontar todo tipo de situacións.

"En caso dunha ameaza NRBQ, nuclear, radiolóxica, biolóxica ou química, seriamos a unidade de primeira resposta. Por exemplo, que a un político o ameacen cun sobre de ántrax", explica o sarxento Edgar Cid.

Diverso material e tamén diversas estratexias para afrontar emerxencias e previr o crime.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade