Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan un ancián en Abadín visto por última vez o domingo

Buscan un ancián en Abadín visto por última vez o domingo

O home ten a pel clara, os ollos azuis e utiliza lentes

G24.gal 05/09/2023 15:03 Última actualización 05/09/2023 21:04

A Garda Civil confirmou que está a buscar, despois de que os familiares informasen o luns da súa desaparición, a un octoxenario da parroquia de Quende, no municipio lucense de Abadín, que foi visto por última vez o domingo.

Segundo a información facilitada pola Comandancia de Lugo, sumáronse nestas primeiras horas ao dispositivo de procura axentes de Seguridade Cidadá, da Garda Civil de Tráfico e do Seprona.

A alarma pola ausencia deste home, Enrique Bolívar D.P, saltou precisamente este mércores cando persoal do centro de día o foi buscar ao seu domicilio e o home non abriu a porta.

Os familiares confirmaron que foi visto por última vez ao redor das sete da tarde do domingo e, desde entón, non volveron a ter noticias del, polo que temen que se desorientara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade