Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan unha persoa que acoitelou un home de 37 anos no concello da Rúa

Buscan unha persoa que acoitelou un home de 37 anos no concello da Rúa

O agresor está identificado pero aínda non deron con el

G24.gal 05/07/2023 15:48

Un home de 37 anos e veciño de Friol (Lugo) foi ferido na madrugada deste mércores despois de recibir unha coitelada cunha arma branca no municipio ourensán da Rúa.

O home foi trasladado nun primeiro momento ao Hospital comarcal do Barco, aínda que posteriormente o derivaron ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

A Garda Civil iniciou unha investigación para dar co autor dos feitos, que xa foi identificado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos