Cada día véndense máis aldeas enteiras para a súa rehabilitación
Cada día véndense máis aldeas enteiras para a súa rehabilitación
A recuperación destes núcleos axuda a fixar poboación e crear emprego no rural
Cando viaxaron a este lugar da Pontenova para visitalo foi amor a primeira vista.
Esa foi a orixe do compromiso da recuperación da aldea, da que compraron seis casas. Tres delas, cos seus cabaceiros, hórreo e unha capela, xa están rehabilitadas. Conforman unha aldea de turismo rural baseada nos principios de recuperación respectuosa e do máximo coidado ao medio.
Esta é unha das tres aldeas que particulares compraron na Pontenova apostando pola súa recuperación. Apenas había habitantes nelas.
Nos tres casos, a rehabilitación axudou a fixar poboación no rural. No caso da Labrada e no de Vides, a posta en valor vai acompañada dun proxecto turístico.
Na Labrada tamén recuperaron 40.000 metros cadrados en que había plantados eucaliptos. Cortáronos e agora queren plantar frondosas autóctonas neles, nun proxecto en que tratarán de involucrar a veciños e institucións como a escola.