Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada vez máis persoas optan polos restaurantes no xantar de Reis

Cada vez máis persoas optan polos restaurantes no xantar de Reis

Grandes grupos familiares, nenos cos seus flamantes agasallos de Reis e moita gana de compartir mantel e conversa

G24.gal 06/01/2023 14:42

O día de Reis é tamén unha das festividades familiares pon excelencia. Pero cada vez máis esas reunións de pais, fillos, avós, tíos e curmáns son en restaurantes.

Hoxe prevalentes as mesas numerosas, de moitos comensais que se reúnen para festexar. Grandes grupos familiares, nenos cos seus flamantes agasallos de Reis e moita gana de compartir mantel e conversa. O que antes facían na casa agora fóra, e a maioría das veces nun restaurante próximo e de confianza que constitúe unha garantía de se sentir case como na casa sen ter que pasar o enorme traballo de cociñar para moitos.

Tamén ocuparon hoxe as mesas de moitos, os grupos de amigos que non tiveron tempo de compartir en todas as vacacións de Nadal e que teñen neste xantar de reis a última oportunidade de poñerse ao día das vivencias e dos afectos antes de volver ás cidades onde traballan.

E cada vez máis persoas que entre os agasallos de reis aos seus nenos e nenas inclúen a experiencia gastronómica. Agasallar con alimentos a lume lento, con pratos que evocan os recendos da comida da avoa ou da madriña, os produtos do mar e da terra que forman parte da nosa cultura a transmitírllelos aos pequenos. Algo que cada vez máis persoas se deciden a regalar nun día coma hoxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade