Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae en Ourense unha trama de tráfico ilegal de aves con conexións internacionais e estafados en toda España

Cae en Ourense unha trama de tráfico ilegal de aves con conexións internacionais e estafados en toda España

Un veciño de Verín está detido e outras dúas mulleres da provincia de Ourense están investigadas como cooperantes necesarias

A investigación comezou en 2022 nun criadeiro de papagaios en Allariz

Unha vez feito o primeiro ingreso, o arrestado solicitaba máis cartos aos compradores antes de proceder á entrega da ave, e nalgún caso non chegou a entregar o animal

Os certificados sanitarios das especies eran falsos

G24.gal 15/03/2024 10:46

Unha operación conxunta de Garda Civil e Policía Nacional desartellou unha organización na provincia de Ourense de tráfico ilegal de aves con conexións internacionais, unha trama que deixa estafados por toda España.

Un veciño de Verín está detido e outras dúas mulleres da provincia de Ourense están investigadas como cooperantes necesarias

Segundo informan a Garda Civil e Policía en senllos comunicados, no marco da operación Arensivia foi detido un home de 49 anos, veciño de Verín, como presunto autor de tráfico de especies (32 espécimes protexidos polo Convenio Internacional CITE), un delito continuado de estafa (55 prexudicados polas vendas por toda España) e un delito continuado de falsidade documental (de informes analíticos dun laboratorio con sede en Madrid e outro en Pontevedra).

Ademais, están investigada tanto unha veciña de Verín de 45 anos como outra de Castrelo do Val de 37 anos como cooperantes necesarios. A operación desenvólvese no marco do Plan de Acción da UE contra o tráfico de animais silvestres.

A investigación comezou en 2022 nun criadeiro de papagaios en Allariz

A investigación iníciase en 2022 (aínda que está constatada actividade ilícita desde 2019), cando os axentes tiveron coñecemento de que unha persoa contaba cun criadeiro de papagaios en Allariz, cunha falsificación, entre outras cousas, dos certificados sanitarios. Os animais eran anunciados a través dunha canle dunha coñecida rede social (baixo a denominación de Amigos dos Papagaios) cuxo titular era o investigado, mostraba as especies que criaba e era un medio publicitario a través do que podían contactar os clientes.

Os clientes realizaban os pagos a través de diferentes plataformas e unha vez feito o primeiro ingreso, o arrestado solicitaba máis antes de proceder á entrega da ave (o total chegaba a 2.000 euros nalgúns casos), ademais de que en diferentes ocasións non se chegaba a entregar o animal.

Cando a especie era entregada, traía consigo certificados sanitarios falsificados principalmente sobre a clamidia, unha bacteria susceptible de ser transmitida aos seres humanos, o que pode causar graves riscos para a saúde, incluso a morte. Os informes veterinarios eran realizados principalmente en dous centros. Quedou acreditado o constante incumprimento da lexislación en canto a trámites de importación, falsificación de documentos, estafas e o tráfico de especies protexidas.

Axentes do Servizo de Protección da Natureza da Comandancia da Garda Civil Ourense, en colaboración con membros da UDEV Central da Policía Nacional, con sede en Madrid, procederon á detención do home, quen cambiou de domicilio en varias ocasións na provincia de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade