Cae o san Mauro das andas ao comezo da procesión no Barco de Valdeorras
Cae o san Mauro das andas ao comezo da procesión no Barco de Valdeorras
O párroco agarda que poida estar arranxado antes dun mes
E vaia susto levaron no Barco de Valdeorras cando ían saír este luns de procesión co seu patrón, o san Mauro.
Aos policías locais que cargaban a imaxe cedéronlles as andas, o santo desaparafusouse e caeu contra unha parede.
Por fortuna non quedou ninguén ferido e os danos do san Mauro poden restaurarse facilmente.
O incidente aconteceu xusto cando os policías locais estaban sacando o san Mauro da igrexa para a procesión. Os axentes están moi afectados polo acontecido.
O desgusto foi xeneralizado entre todos os asistentes á procesión. O san Mauro é o patrón do Barco e da Policía Local.
O párroco calcula que nun mes a imaxe estea restaurada e adiántanos que daquela entrará a ombeiros da Policía Local para facerlle a misa na súa honra co san Mauro presente.