Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae unha banda acusada de máis dun cento de roubos

Cae unha banda acusada de máis dun cento de roubos

Nos rexistros, os axentes interviñeron material de telecomunicacións e informático, ferramentas utilizadas nos roubos, dúas armas e máis de 300 plantas de marihuana

G24.gal 17/07/2024 12:25

A Garda Civil e a Policía Nacional desmantelaron unha banda á que se lle atribúen máis de cen roubos con forza en establecementos comerciais de Andalucía e Estremadura. Durante a redada, foron detidos oito membros do grupo acusados dos delitos de roubo con forza, roubo de vehículo de motor, falsidade documental e tenza ilícita de armas.

Nos rexistros efectuados, os axentes interviñeron material de telecomunicacións e informático, ferramentas utilizadas nos roubos, dúas armas e máis de 300 plantas de marihuana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade