Publicador de contidos
Publicador de contidos

Caen a oferta e a demanda do peixe e do marisco

Caen a oferta e a demanda do peixe e do marisco

Hai pouco peixe grande e vai moi caro

Os vendedores recoñecen que atravesan unha delicada situación

G24.gal 19/08/2022 14:28

Vendedores do mercado da Magdalena, en Ferrol, confirman que hai pouco peixe, pouca demanda e que os prezos subiron moitísimo. 

O que máis escasea son os peixes grandes como a cherna, a pescada ou o peixe sapo e por iso van máis caros. E pasa o mesmo co marisco.

Así que, segundo contan os peixeiros, hai clientes que deixaron de mercar e os que o fan, optan polo peixe miúdo e de temporada como as sardiñas ou as parrochas porque están moi saborosas e saen moito máis económicas.

Así, din que o seu día a día se complica cada vez máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos