Fanse pasar por membros da diócese de Mondoñedo-Ferrol para facer calotes telefónicos
Fanse pasar por membros da diócese de Mondoñedo-Ferrol para facer calotes telefónicos
Fanse pasar por membro da diocese e piden diñeiro
Crese que mesmo usan a intelixencia artificial para copiar a voz de altos cargos da diocese
Facéndose pasar por membros da diocese de Mondoñedo-Ferrol estanse a levar a cabo calotes telefónicos e a Garda Civil xa anda tras eles.
Crese que botaron man da intelixencia artificial para simular a voz do vigairo. Facéndose pasar por el pedían diñeiro con urxencia e xa enganaron unha congregación relixiosa da Terra Chá que caeu na trampa e entregou unha importante cantidade de diñeiro.
O obxectivo dos calotes adoita ser congregacións relixiosas e a noticia xera indignación entre os veciños da zona.
Moitos sinalan que os calotes están á orde do día e que xa lidaron con algún.
A Garda Civil insta as congregacións relixiosas a estar en garda e a verificar coidadosamente calquera chamada ou solicitude de doazón.