Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Canal: "Oxalá poida estar no Mundial. Adáptase ás miñas condicións"

Carlos Canal: "Oxalá poida estar no Mundial. Adáptase ás miñas condicións"

O ciclista do Euskaltel pasou polo Galicia en goles para analizar o Tour de Francia e repasar a súa temporada

G24.gal 15/07/2023 20:39

Se no Tour de Francia o nome do día foi o de Carlos Rodríguez, no pelotón galego outro Carlos, Canal, recolle tódalas expectativas e ilusións. Coa mesma idade que  o andaluz, o ciclista de Xinzo de Limia está vivindo un 2023 de crecemento e madurez que analizou na Radio Galega.

"Quixen comezar ben a temporada e iso permitiume rendir ben dende o comezo. Nas clásicas belgas e francesas aprendín moito, ainda que se sofre. Hai moita guerra para coller as escapadas, os cortes. É un máster. É unha pena non poder ir á Vuelta pero ábrense outras oportunidades. Nesta parte do ano quero centrarme en chegar ben ao Mundial, por se podo ir convocado. É un gran reto e un gran escaparate. Vaime ben ás miñas características. Logo virá a Vuelta a Burgos, que tamén é unha carreira importante no meu calendario. Ogallá poida estar de novo en Bélxica a final de ano para gastar a última bala que teña."

Aproveitando o seu paso polo Galicia en Goles, Canal tamén analizou o espectacular Tour de Francia que se está a vivir.

"Carlos Rodríguez demostrou moita forza e tamén moita cabeza. Estivo ao nivel dos dous grandes e soubo aproveitar a oportunidade. Pogacar en Vingegaard están a outro nivel, tanto por pernas como por equipos, teñen gregarios que serían líderes noutras escadras. Creo que o resto está a outro nivel. A Evenepoel aínda lle falta e creo que estaría pelexando con Carlos Rodríguez. Por suposto que é un soño poder estar algún día no Tour de Francia"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar