Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case tres meses fóra da casa por medo a volver

Case tres meses fóra da casa por medo a volver

Derrubouse unha vivenda que estrema coa súa e temen que a casa se derrube

G24.gal 11/04/2023 22:08

83 días levan Teresa e Alfonso fóra da súa casa do Castro. Os mesmos que hai que caeu a vivenda en ruínas que linda coa súa.

Dende aquela viven no Barco cos seus fillos á espera, din, de que o Concello lles garanta que é segura.

Din que comezaron a denunciar o mal estado desa casa no ano 2009, no 2016 declarárona en ruína e no 2018 houbo unha derruba parcial que lles provocou danos no interior da súa casa.

Agora din, non se fían porque tan só pasaran oito meses dende que a declararan estabilizada ata que caeu por completo. 

Dende o Concello do Barco din que, segundo apunta o informe do arquitecto municipal, non existe perigo.

Que a súa vivenda non se viu afectada pola derruba e que poden volver cando queiran á súa casa.

Patrimonio aprobou o anteproxecto para acometer as obras, prevén que o proxecto definitivo estará listo a final de mes.

No presuposto previsto contémplase, din dende o Concello, unha partida para custear as obras de reforma que reclaman, se fosen precisas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade