Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro detidos en Vigo despois do asalto a unha casa de Samil

Catro detidos en Vigo despois do asalto a unha casa de Samil

A policía baralla un posible axuste de contas no asalto en que un home foi acoitelado

G24.gal 13/03/2023 12:14

Os feitos nunha vivenda da parroquia de Alcabre na mañá do domingo, cando dous homes entraron nun domicilio situado no número 145 da avenida Atlántida.

Á chegada dos axentes a vítima, un home de 29 anos, tentaba fuxir por unha ventá e no interior do inmoble sorprenderon os presuntos asaltantes. Ían armados con grandes coitelos e tiveron que reducilos con gas pementa.

Dúas mulleres pediron auxilio á Policía Local explicando que dous individuos asaltaran a casa e querían matar a parella dunha delas.

Alí apuñalaron outro home, presuntamente por un axuste de contas, xa que o ferido, ao parecer, dedícase á venda de droga en pequenas cantidades.

Os ocupantes da vivenda conseguiron escapar da casa. Era o ferido e unha muller parella do ferido. Os axentes sospeitaron dos dous, despois de que o home lle dixera a ela na ambulancia que lle gardase unha bolsa. Dentro atoparon diferentes cantidades de droga. Posteriormente rexistraron a casa onde atoparon máis estupefacientes.

Desta maneira, dous homes foron detidos por tentativa de homicidio  e de violación de domicilio, mentres que o ferido e a súa parella tamén foron arrestados por un delito contra a saúde pública.

A investigación segue aberta á espera do paso a disposición xudicial dos detidos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade