Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro feridos ao caer un coche sobre o tellado dunha casa en Vilardevós

Catro feridos ao caer un coche sobre o tellado dunha casa en Vilardevós

O vehículo saíu da vía e precipitouse por un terraplén duns 50 metros cara ao tellado dunha vivenda no lugar de Florderrei Vella

G24.gal 25/07/2024 13:39

Catro persoas quedaron feridas leves tras saír da vía o vehículo en que viaxaban na estrada OU-P-000, ao seu paso polo municipio ourensán de Vilardevós, e caer sobre o tellado dunha vivenda.

Segundo informou a Garda Civil, o sinistro produciuse sobre as 10:30 horas deste xoves. Ao parecer o vehículo saíuse da vía e precipitouse por un terraplén duns 50 metros cara ao tellado dunha vivenda no lugar de Florderrei Vella.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Verín, así como profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que evacuaron aos catro ocupantes, dous homes adultos e dous menores, con prognóstico leve ao Hospital Comarcal de Verín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade