Centos de manifestantes contra a amnistía cortan a A-6 para dirixirse á Moncloa

Despois da concetración de Cibeles decidiron continuar coa protesta en Ferraz e na Moncloa

Os manifestantes tiveron o tráfico cortado durante dúas horas

Manifestantes contra a amnistían cortan a A-6 (EFE) Manifestantes contra a amnistían cortan a A-6 (EFE)
G24.gal 18/11/2023 17:31

As protestas contra a amnistía e contra a investidura de Pedro Sánchez celebradas esta mañá en Cibeles continuaron esta tarde en Ferraz e nas proximidades do palacio da Moncloa ao desprazárense cara alí centos de manifestantes que chegaron a ocupar un treito da autovía A-6 de entrada a Madrid. 

Pasadas as tres e media da tarde unha parte da protesta dispersouse e a Delegación do Goberno informou de que se volvía a abrir ao tráfico pero pouco despois regresaban os manifestantes e interrompían de novo a circulación. 

As 400 persoas que secundaban esta protesta, segundo fontes da Delegación do Goberno, foron desaloxadas de forma pacífica polos axentes da Policía Nacional e boa parte deles dirixíronse cara a Ferraz. 

O corte de tráfico da vía durou unhas dúas horas e provocou retencións de tres quilómetros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade