Cargando resultados...
Centos de mariscadoras esixen en Pontevedra medidas para paliar a crise do sector
Centos de mariscadoras esixen en Pontevedra medidas para paliar a crise do sector
Piden axudas e a paralización das cotas da Seguridade Social, amais dun plan de rexeneración das rías
G24.gal
30/04/2024 13:52
Mariscadoras das rías de Pontevedra, Arousa e Vigo pídenlles aos gobernos galego e central medidas para paliar a crise do sector.
Manifestáronse ante a Delegación da Xunta en Pontevedra e despois dirixíronse á Subdelegación do Goberno. Denuncian a situación que vive o sector, como consecuencias da mortaldade de ameixa pola chuvia do outono.
As mariscadoras piden axudas e a paralización das cotas da Seguridade Social, amais dun plan de rexeneración das rías.