Reclaman na rúa a derrogación íntegra da reforma laboral
Reclaman na rúa a derrogación íntegra da reforma laboral
A CIG convocou marchas nas vilas e cidades galegas principais
Mobilización este mediodía nas vilas e cidades galegas principais para esixiren a derrogación real das reformas laborais.
A CIG convocou estas marchas ás que asistiron tamén representantes e militantes do Bloque Nacionalista Galego.
Aseguran que a reforma laboral proposta polo Goberno Central é unha fraude. Esixen a derrogación real das reformas impostas dende o ano 2010.
"Entendemos que este acordo non recolle en absoluto o que viña sendo a reivindicación do movemento sindical", asegura Pepe Maio, secretario comarcal da CIG en Compostela.
"Por que habendo unha maioría no Congreso que permite unha derrogación íntegra desa reforma do PP, queren quedar a medio camiño e, en realidade, teñen enriba da mesa unha proposta que significa un lavado de cara?", cuestiona Ana Pontón, voceira nacional do BNG.