Centos de persoas participaron na festa da carne de Montederramo
Centos de persoas participaron na festa da carne de Montederramo
O concello de Montederramo converteuse no lugar de exaltación da carne do país
Na cita gastronómica puidéronse ver os mellores exemplares de gando vacún da zona
Son exemplares que se crían nos montes do Macizo central ourensán en liberdade. Están adaptadas ao pastoreo e a estar fóra todo o ano.
No día do Pilar, cada ano os gandeiros da comarca organizan a súa feira de exaltación. Expuxeron mais de 700 cabezas para que os asistentes a esta festa da carne viran as súas características. Puideron comprobar de primeira man a calidade destes exemplares e tamén puideron mercar a súa saborosa carne.
Da cría do gando vacún viven nesta comarca case todas as familias. Son máis de 80 produtores. A maioría son xente nova que cría as reses en extensivo e cos mellores coidados para que a carne resulte exquisita na cociña.
Nesta xornada tocou gozar gastronomicamente deste produto. Mais de 800 quilos dunha carne de tenreira galega suprema das mais cotizadas na cociña, que puidemos saborear elaborada do xeito mais tradicional en empanada, richada ou ao caldeiro.