Cargando resultados...
Chega á Lavacolla a pasaxeira tres millóns deste ano
Chega á Lavacolla a pasaxeira tres millóns deste ano
"Unha sorpresa moi grande e nada, satisfacción", di a viguesa que viña non voo de Ryanair desde Tenerife, onde traballa desde hai oito anos
G24.gal
30/11/2022 15:05
María Jesús Lemos, unha viguesa que traballa en Tenerife, chegou o aeroporto compostelán este mediodía e converteuse na pasaxeira tres millóns deste ano. Chegou nun voo de Ryanair e recibiu de regalo un bono de viaxes nesa compañía. A muller amosouse sorprendida e contenta.
"Unha sorpresa moi grande e nada, satisfacción. Traballo en Tenerife desde hai oito anos, somos de Vigo, e desde hai oito anos viaxamos moito nesta línea, é coma o noso taxi para ir e volver a traballar e ver á familia", sinalou.