Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chuvia de millóns en Carral

Chuvia de millóns en Carral

O cuponazo da ONCE reparte máis de 6,3 millóns de euros

G24.gal 05/09/2023 14:03

Son moitos os que se achegan a Ángel para felicitalo e, ao mesmo tempo, tamén para comprobar con ilusión se aínda poden ser algúns dos agraciados.

Porque foron dez os cupóns da ONCE que se venderon e deixaron en Carral máis de seis millóns trescentos mil euros.

Houbo nove premios de 40.000 euros, pero o forte, polo que hoxe se pregunta todo o mundo, é o deses seis millóns de euros, cuxo dono aínda non se coñece

Moitos teñen claro o que farían con eses cartos no peto.

Seguro que o afortunado xa está facendo plans cos seus cartos, e, se aínda non o fixo, mesmo podería convidar os seus veciños a unhas cantas empanadas aproveitando a festa que nuns días se celebra en Carral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade