Cargando resultados...
Coa suba das temperaturas estamos nos 'días da cebola'
Coa suba das temperaturas estamos nos 'días da cebola'
Primeira semana sen chuvia dende outubro, e o anticiclón chega para quedar
G24.gal
03/02/2023 15:56
Subiu a temperatura e o sol resplandece en Galicia despois dunha dura temporada de chuvias que xa aburría. Estamos nos 'días da cebola' e temos que ir quitando capas. As xeadas da mañá dan paso nas horas centrais do día a unha agradable temperatura.
A oscilación térmica é sorprendente. Nalgúns puntos de Galicia a diferenza é de ata 20 graos entre a madrugada e o mediodía. O anticiclón chegou para quedar. Así pois, a gozar da fin de semana liberados xa de capas.