Comesaña afirma que hai varios casos sospeitosos, pero só dous confirmados de varíola do mono
Comesaña afirma que hai varios casos sospeitosos, pero só dous confirmados de varíola do mono
Comesaña precisou que o Sergas está a realizar "un seguimento detallado dos casos positivos e dos seus contactos" de acordo co protocolo remitido polo Ministerio de Sanidade
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, manifestou este martes en Lugo, onde participou na II Xornada Galega de Enfermería de Saúde Mental, de que hai algúns "casos sospeitosos" de varíola do mono en Galicia, aínda que de momento só hai dous plenamente confirmados nas áreas sanitarias da Coruña e Vigo.
Comesaña precisou que o Sergas está a realizar "un seguimento detallado dos casos positivos e dos seus contactos" de acordo co protocolo remitido polo Ministerio de Sanidade.
“Temos un segundo caso confirmado. Seguimos facendo as probas en Galicia, tanto no hospital da Coruña, recentemente, como en Vigo e Santiago”, “coa normalidade, entre comiñas, que permite unha situación deste tipo”, manifestou García Comesaña, que require dun “seguimento moi estrito”.
A “incidencia é baixa, pero hai que estar moi pendentes, seguindo os casos positivos e os seus contactos estreitos”, insistiu o conselleiro, quen recoñeceu que “hai casos sospeitosos”, aínda pendentes de confirmación ou de que sexan definitivamente descartados.