Comeza a operación retorno sen retencións nin incidencias en Galicia
Comeza a operación retorno sen retencións nin incidencias en Galicia
A DXT prevé un aumento da circulación nas autovías e autoestradas e nas entradas das cidades a partir do domingo á tarde
Tráfico calcula que haberá preto de 700 mil desprazamentos en Galicia.
Son case setecentos mil os desprazamentos previstos para esta fin de semana en Galicia, un 14 por cento dos esperados nas estradas españolas. A DXT prevé que se produzan de xeito paulatino e sen grandes aglomeracións.
"Esperamos unha operación retorno tranquila, xa que será progresiva, ao longo de toda a fin de semana e posiblemente ata fin de mes", explica Héctor Teixeira, da Garda Civil de Tráfico en Galicia.
A DXT prevé un aumento da circulación na tarde do domingo, especialmente nas entradas das cidades e nas proximidades de autovías e autoestradas. O que están detectando os axentes é unha suba dos positivos en alcolemia nos últimos días.
"Vanse incrementar o número de probas de alcol que imos realizar, xa que nas fins de semana anteriores reflectiuse un aumento do número de positivos. Deste xeito, á hora de conducir nada de alcol nin de drogas porque son factores concorrentes que producen accidentes."
O mapa actualizado de incidencias da DXT non revela retencións nin ningunha incidencia destacada nesta primeira xornada da operación retorno, máis alá da néboa habitual no alto do Fiouco, onde cómpre extremar as precaucións pola escasa visibilidade.