Comeza a primeira folga indefinida na historia da Inspección de Traballo
Comeza a primeira folga indefinida na historia da Inspección de Traballo
Perseguen que o Goberno aprobe a nova relación de postos de traballo e medidas comprometidas para o reforzo e a modernización do organismo
Este luns comeza a primeira folga indefinida na Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS), coa que os sindicatos convocantes CIG, CSIF, USESS, SITSS, SISLASS, UXT e UPIT perseguen que o Goberno aprobe a nova relación de postos de traballo (RPT) e o resto de medidas comprometidas para o reforzo e a modernización do organismo.
A convocatoria de folga indefinida chega despois de tres días de paros entre decembro de 2022 e febreiro deste ano e varias xornadas de paros parciais desde o mes de maio, dous esquemas de mobilizacións que forzaron o Ministerio de Traballo a sentar na mesa cos sindicatos, aínda que sen chegar a un acordo en que o Ministerio de Facenda e Función Pública é tamén fundamental.