Comeza a vendima na D. O. Valdeorras, a máis madrugadora de Galicia
Comeza a vendima na D. O. Valdeorras, a máis madrugadora de Galicia
Os traballos da recollida da uva godello adiantáronse este ano unha semana por mor das altas temperaturas
As previsións din que vai ser unha colleita moi boa, con calidade e más cantidade
A vindeira semana arrican a vendima en Valdeorras outras seis adegas
Arrinca a vendima en dúas adegas da Denominación de Orixe de Valdeorras, son os primeiros en comezar coa campaña de recollida de uva en Galicia. A colleita prevese de moi boa calidade e con máis cantidade que o ano pasado. Esta é unha das vendimas máis madrugadoras da historia, que se adianta este ano con respecto ao que adoita ser habitual debido as altas temperaturas na comarca.
As análises técnicas din que o grao de maduración e a acidez dos bagos de Godello están perfectos para a recollida.
A de Valdeorras é a Denominación de Orixe galega máis madrugadora, as altas temperaturas adiantaron a vendima unha semana.
Moi boa calidade e máis cantidade para o viño godello agardan.
A vindeira semana comezaran a vendimar en Valdeorras noutras seis adegas e irán arrancando tamén os traballos no resto de denominacións de orixe.