Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza este luns o xuízo contra José Luís Abet polo crime triplo de Valga

Comeza este luns o xuízo contra José Luís Abet polo crime triplo de Valga

Confesou o asasinato a tiros da exmuller, a exsogra e a excuñada no 2019

A Fiscalía solicita prisión permanente revisable para o acusado

G24.gal 05/03/2023 08:52 Última actualización 05/03/2023 09:44

A Audiencia de Pontevedra acolle a partir do luns o xuízo contra José Luis Abet, acusado de asasinar a exmuller, a exsogra e a excuñada en Valga en 2019, crime polo que a Fiscalía solicita prisión permanente revisable.

O xuízo, que se celebra con xurado popular, comeza coa declaración do acusado. Seguiranlle once testemuñas clave, entre eles o fillo maior maior da parella, que presenciou os tres crimes cando tiña tan só 7 anos, xunto co outro irmán, de 4.

O fiscal solicita que, para evitar a exposición pública da imaxe do menor, o tribunal acepte reproducir no xuízo un DVD coa súa declaración a porta pechada ou que preste testemuño, tamén sen público na sala, mediante videoconferencia.

José Luis Abet, que confesou os crimes tras a súa detención, será xulgado por tres delitos de asasinato, un de tenza ilícita de armas e dous de lesións psíquicas graves contra os dous fillos que tiña en común coa exmuller, e dos que perdeu a patria potestade tras o crime.

A Fiscalía solicita que se lle impoña a pena de prisión permanente revisable por matar a tiros a exmuller, Sandra Boquete Jamardo (de 39 anos); a excuñada, Alba (de 27); e a exsogra, Elena Jamardo (de 58).

A defensa, pola súa banda, pide a súa absolución ou, subsidiariamente, que sexa condenado por tres delitos de homicidio -en lugar de asasinato-, dous delitos de lesións psíquicas e un de tenza ilícita de armas.

Escrito de acusación

Abet, segundo recolle o escrito de acusación, acudiu o 16 de setembro de 2019 ao domicilio no que a súa exmuller residía cos dous fillos en Cordeiro, Valga, tras adquirir previamente un revólver co número de identificación borrado e unha caixa completa de munición.

Cando a exmuller se dispoñía a levar os nenos ao colexio, bloqueoulle a saída do garaxe co seu coche e disparoulle catro tiros a través do portelo: un na cara, dous no pescozo e un cuarto no peito, todo iso en presenza dos nenos.

Despois, subiu no seu coche e marchou pero, ao cruzarse co automóbil no que chegaban a súa excuñada e a súa exsogra, que recibiran unha chamada de socorro por parte da vítima, deu media volta e seguiunas ata a vivenda.

Ao chegar, segundo relata a Fiscalía, o acusado recargou o revólver e sorprendeu as dúas mulleres cando tentaban socorrer a Sandra B. J., disparando sete veces contra elas -na cabeza e no peito- e matándoas no acto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade