Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comísanlles corenta quilos de percebes a tres furtivos nunha praia de Laxe

Comísanlles corenta quilos de percebes a tres furtivos nunha praia de Laxe

Non foi posible identificar os tres homes

Non é a primeira vez que extraen na zona este crustáceo de xeito ilegal 

G24.gal 02/09/2022 14:45

Novo episodio de furtivismo, desta volta en Laxe. A intervenión dun vixilante da confraría de Camelle permitiu recuperar corenta quilos de percebe. Foi cando o garda perseguiu os tres homes e estes tiraron os percebes á area, na praia de Soeste, para poder así fuxir máis rapidamente. Intres antes estiveran apañándoos nunhas rochas próximas.

Porén o que non foi posible foi identificalos. Iso si, desde a confraría sinalan que non é a primeira vez que os furtivos extraen este crustáceo de xeito irregular nas súas concesións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade