Cargando resultados...
Compra de centolas a 16 euros nas xornadas gastronómicas de Lorbé
Compra de centolas a 16 euros nas xornadas gastronómicas de Lorbé
G24.gal
13/11/2021 16:09
Hai unha semana comezaba a campaña extractiva da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra. Este sábado as centolas protagonizan as xornadas gastronómicas de Lorbé, en Oleiros.
Ata agora era a Festa da Centola de Lorbé. Este ano transformouse nunhas xornadas gastronómicas. Os restaurantes da zona inclúen a centola no seu menú. Iso si, non se poden degustar as centolas no porto, pero si que se poden mercar xa cocidas. Póñense á venda 500 pezas. Amais pódense mercar sen baixar do coche.
Cada centola custa 16 euros. Hoxe e mañá pódense mercar de doce do mediodía a seis da tarde. Hai unha semana que se levantou a veda da centola, e din dende as confrarías que é un bo ano.