Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conclúe a identificación das vítimas do incendio en Valencia

Conclúe a identificación das vítimas do incendio en Valencia

O xuíz autoriza a entrada dos afectados nas súas vivendas

G24.gal 27/02/2024 20:41 Última actualización 27/02/2024 20:54


A Policia Científica rematou o proceso de identificación das dez vítimas mortais do incendio de Valencia. O Anatómico Forense cotexa as análises e o xulgado ultima os trámites para entregarlles os cadáveres ás familias.

"Son dós complicados, porque son perdas súbitas. Van necesitar unha asistencia e un acompañamento psicolóxico especial", explica Mariano Navarro, psicólogo de emerxencias.

O xuíz do caso tamén autorizou que os veciños do edificio calcinado poidan acceder aos seus pisos, coa excepción do apartamento 86, onde se sospeita que comezou o incendio.

Pero serán os bombeiros os que determinen se é seguro ou non facelo en cada caso. Algúns confían en recuperar algo, outros saben que será imposible.

"O meu apartamento conserva os cristais  e ata o tendal. Quero recuperar polo menos as escrituras e cousas con valor sentimental", explica Pilar Miralles, veciña do terceiro andar.

"Sei perfectamente que na parte de arriba, onde está o meu piso, se chegou aos máis de 1.000 graos de temperatura e entendo que todo foi tomar polo saco, pero polo menos que mo confirmen" di resignado Rafa Colomina.

Seguindo as indicacións dos veciños, os bombeiros xa entraron en algúns dos pisos menos afectados para recuperar documentación e algúns obxectos persoais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade