Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenas a 20 e 21 anos de cadea para os acusados de asasinar un interno de Pereiro de Aguiar

Condenas a 20 e 21 anos de cadea para os acusados de asasinar un interno de Pereiro de Aguiar

Ambos os acusados foron condenados por un delito de asasinato e outro de estafa

G24.gal 23/05/2022 19:22 Última actualización 23/05/2022 20:59

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou, de acordo co veredicto do tribunal do xurado, a penas de 21 e 20 anos de prisión os dous acusados de asasinar a un interno ao que coñeceron no centro penal do Pereiro de Aguiar.

O móbil do crime foi presuntamente a herdanza da súa nai, que o recluso acababa de cobrar. Deste xeito, a Audiencia Provincial de Ourense ratificou o veredicto de culpabilidade ditado polo tribunal e condenou os dous homes por un delito de asasinato e outro de estafa.

Respecto a un deles, Óscar G. tivo en conta a atenuante de colaboración, ao considerar acreditado que facilitou de maneira voluntaria a localización do cadáver aos axentes policiais.

Na sentenza, o tribunal ourensán considera probado que o recluso saíu o 11 de agosto de 2018 de prisión para gozar dun permiso penal. Entón dirixiuse, como era habitual, á explotación agraria propiedade da familia dun deles, onde ese día se atopaban os dous acusados.

Estes, seguindo o plan que conviñeran, golpearon “cun obxecto contundente na cabeza” ao recluso ata ocasionarlle a morte. Despois trasladaron o corpo do falecido ata unha leira situada propiedade da familia dun dos condenados, onde ocultaron o cadáver.

O tribunal do xurado determinara a culpabilidade de ambos os acusados e considerou probado que os dous homes apropiáronse das súas tarxetas de débito e de prepago e que efectuaron subtraccións de diñeiro que sumaron “un total de 22.490 euros”.

Na sentenza, o maxistrado presidente destacou que o tribunal tivo en conta “o resultado de posicionamento dos teléfonos móbiles, a través de sistema de xeolocalización” así como a agresión previa á vítima por parte dos acusados a finais de xullo de 2018”.

O xurado tamén puxera o foco en “a sinalización do lugar de enterramento por parte dun dos acusados e a constatación de retirada bancaria de efectivo propiedade do falecido por parte de ambos os acusados”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade