Publicador de contidos
Publicador de contidos

Confírmase o falecemento do noiés Antonio Barreiro no Argos Georgia

Confírmase o falecemento do noiés Antonio Barreiro no Argos Georgia

O Goberno informou de que as autopsias realizadas no Reino Unido aos corpos rescatados revelaron a identidade do mariñeiro

É o terceiro e último galego que quedaba por identificar

Argos Georgia, barco afundido nas Malvinas (Salvamento Marítimo) Argos Georgia, barco afundido nas Malvinas (Salvamento Marítimo)
G24.gal 08/08/2024 18:14 Última actualización 08/08/2024 18:36

O Goberno informou de que as autopsias realizadas no Reino Unido aos corpos rescatados no afundimento do Argos Georgia nas Illas Malvinas revelaron que un deles é Antonio Barreiro, veciño de Noia.

A Delegación do Goberno en Galicia detallou este xoves que se completou a identificación dos corpos dos tres españois falecidos no naufraxio.

Son os galegos César Acevedo, veciño de Vigo e patrón de pesca do barco; Santiago Leyenda, de Baiona (Pontevedra) e cociñeiro principal da embarcación, e o tripulante de Noia (A Coruña) Antonio Barreiro, o único que quedaba por identificar.

O mariñeiro desaparecido é o veciño de Ribeira Juan Antonio García Rey, 'Pichón', cambio de máquinas.

A autoridade británica expediu certificados de defunción provisionais para proceder a autorizar a repatriación, da que aínda non se concretou data.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, informou sobre isto as familias e a Xunta de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade