Publicador de contidos

Publicador de contidos

Consellos para previr incendios nas cociñas, unha das emerxencias máis comúns

Consellos para previr incendios nas cociñas, unha das emerxencias máis comúns

Tixolas desatendidas e cambotas con graxa, os principais perigos

Podemos sufocar o lume cunha tapa o cun pano húmido, nunca con auga

G24.gal 11/04/2025 14:32

A vivenda é o lugar onde se producen máis incendios e a maioría comezan nas cociñas. Fornos, fritideiras e, sobre todo, tixolas con aceite poden darnos sustos para os que cómpre estar preparados. Se isto pasa o primeiro é ter calma, apagar o gas e non botarlle auga baixo ningún concepto.

"A auga sobre o aceite quente fai reacción e aviva as lapas, xa o estades vendo nesta proba, decontrolamos o lume", explica Francisco Javier Guillén Busto, xefe do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía.

Para sufocar as lapas podemos usar un trapo húmido pero sempre ben escorrido, e botalo sobre a tixola protexendo as mans. Outra opción é usar unha tapa.

"Temos que abordar o lume usando a tapa como escudo e desde un lateral. Tamen é importante que o diámetro da tapa logre tapar toda a tixola".

Outro dos puntos críticos son as cambotas de extracción. Hai que lembrarse de limpalas con frecuencia porque se acumulan graxa poden axudar a que se propaguen as lapas e que as consecuencias do lume sexan máis graves.

"É basico limpar os filtros para que a graxa non se tupa e tampouco chegue a pasar cara a turbina nin os propios conductos de extracción".

E se o lume prende e teñen un extintor á man, convén usalo, pero mantendo certa distancia.

"Se o descargamos moi preto da tixola ou incidindo directamente sobre o líquido faremos que saia cara fóra e empeoramos o problema. É mellor desde a distancia e procurando que o axente extintor caia por gravidade e non directamente sobre o aceite".

Tamén poden mercar estas mantas, válidas para sufocar lapas nas cociñas e na propia xente. Pero por riba de todo está a prevención, procurando non quitarlles o ollo ás tixolas no lume. Calquera descoido pode ter consecuencias fatais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade