Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a investigación sobre o tráxico suceso de Cabana de Bergantiños

Continúa a investigación sobre o tráxico suceso de Cabana de Bergantiños

A muller falecida é a principal sospeitosa de prender o lume sobre unha casa que lle fóra embargada

O seu marido e viúvo foi detido pouco despois por ter unha orde de ingreso en prisión

G24.gal 07/02/2022 13:37

Continúa a conmoción na pequena parroquia de Cesullas, en Cabana de Bergantiños. Ninguén atopa explicación ao sucedido, salvo que a vítima se queimara tentando prenderlle lume á vivenda que fora súa e que perdera por non poder pagala. 

O tráxico desenlace coa muller pedindo auxilio con máis do 80 % do seu corpo con queimaduras de terceiro grao impactou os que a coñecían.

A Garda Civil continúa coa investigación para tratar de confirmar o que todos sospeitan, o cheiro a gasolina e as bombonas de butano delatan que foron usados como elementos acelerantes do incendio que posiblemente a muller non foi quen de controlar.

O suceso para esta familia inda foi a peor, xa que a falecida vivía a escasos 400 metros da vivenda incendiada co seu marido de 69 anos.

Mentres ela se debatía entre a vida e a morte na unidade de queimados do CHUAC, a Garda Civil detiña o seu viúvo, que tiña unha orde pendente de ingreso en prisión por uns feitos anteriores sen relación co incendio que acabou coa vida da súa parella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade