Continúa apuntalado e en revisión o edificio desaloxado por risco de desprendemento da fachada en Vigo

O regreso á casa das dúas familias residentes no edificio de Vigo que foi desaloxado e apuntalado hai catro días podería demorarse.
O soar contiguo ao predio estaba sendo escavado para construír un estacionamento subterráneo. A empresa construtora que executaba esa obra reforzou o apuntalamento das zonas con fendas e esta semana seguirá actuando para instalar máis elementos de seguridade.
Mentres, ese tramo da rúa Serafín Avendaño continúa pechada ao tráfico e o edificio aínda segue co precinto policial.