Continúa retido en Redondela o mercante Cool Girl por incumprir, supostamente, a lei internacional
Continúa retido en Redondela o mercante Cool Girl por incumprir, supostamente, a lei internacional
Levaba a bordo 19 tripulantes indonesios, presuntamente embarcados de forma irregular e que terán que ser repatriados
O achado produciuse durante unha revisión rutineira de Capitanía Marítima, que detectou 19 persoas embarcadas presuntamente de forma irregular.
Trátase de cidadáns indonesios que supostamente viaxaban en condicións insalubres e que tiñan como misión realizar labores de estiba e desestiba.
O certificado de seguridade do barco establecía un límite de 22 tripulantes, pero permitía 23 estibadores máis no caso de que se atopara no Atlántico suboccidental. Polo tanto esas persoas non tiñan permitido chegar ao porto de Vigo e terán que ser repatriadas.
Segundo Capitanía Marítima ao buque abriráselle un expediente sancionador e establecerase unha fianza de 30.000 euros. Unha vez que se deposite e que os estibadores marchen ao seu país, levantarase a retención do mercante e poderá tomar rumbo ao seu destino.