Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Non atendemos rusos nin bielorrusos": un bar coruñés veta o acceso a cidadáns destes países

"Non atendemos rusos nin bielorrusos": un bar coruñés veta o acceso a cidadáns destes países

O dono do local di que este é o seu xeito de solidarizarse coa poboación ucraína

G24.gal 09/03/2022 14:06

A carón dun sinal que pon "paren a guerra", no cartel pode lerse tamén a frase que suscitou tanta polémica, esa que di que non atenden cidadáns rusos nin bielorrusos mentres non retiren o exército de Ucraína.

Antón Martínez, o propietario do bar, explica que simplemente colocou o cartel para deixar constancia de que se suman ao boicot internacional a Putin.

Na rúa hai quen cualifica o cartel de pouco acertado. Con todo, Antón conta que ten clientes habituais tanto de Rusia como de Ucraína aos que si atendeu tamén estes días.

Malia a controversia xerada, Antón di que mantén a súa postura e que rexeita a xenofobia, o racismo e todo tipo de discriminación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade