Convenio de colaboración entre a produtora galega CTV e a portuguesa SPI
Convenio de colaboración entre a produtora galega CTV e a portuguesa SPI
Unen forzas para traspasar as fronteiras da Península Ibérica con proxectos de ficción, tanto para cine como para televisión
O audiovisual galego e o portugués reforzan a súa alianza. A produtora galega CTV e a lusa SPI asinaron este mércores un convenio de colaboración. Unen forzas para traspasar as fronteiras da Península Ibérica con proxectos de ficción, tanto para cine como para televisión.
Xa teñen experiencias en proxectos comúns, como a serie 'Chegar á casa', que se emitiu na Televisión de Galicia, e 'Motel Valkirias', aínda pendente de estrea.
Ambas partes comprométense a colaborar na concepción e desenvolvemento da idea orixinal de cada obra e na elaboración e execución dos proxectos, atendendo á realización que mellor se axuste ás necesidades e circunstancias do mercado en cada momento co obxecto de “lograr producións de alta calidade”.
Cada obra será creada, desenvolvida e producida por profesionais de ambas produtoras para optimizar sinerxías e lograr unha produción internacional de calidade.