Publicador de contidos
Publicador de contidos

Convocan axudas por 182.000 euros para tripulantes afectados pola fin do acordo con Marrocos

Convocan axudas por 182.000 euros para tripulantes afectados pola fin do acordo con Marrocos

Os beneficiarios son mariñeiros españois, europeos e os estranxeiros que conten con autorizacións de residencia e traballo en vigor

G24.gal 18/07/2023 10:31

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convocou hoxe as axudas para os tripulantes dos buques afectados pola suspensión do acordo de pesca entre a Unión Europea e Marrocos, que ascenderán ata os 182.000 euros.

A convocatoria fíxose pública este martes no Boletín Oficial do Estado (BOE), en que se especificou que o importe máximo da axuda poderá alcanzar o 100 % do total subvencionable, cunha contribución do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca do 50 %.

O outro 50 % será o correspondente á contribución nacional, segundo o disposto no regulamento europeo.

Poderanse beneficiar desta axuda os mariñeiros españois, os nacionais dos Estados membros da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, e os estranxeiros que conten con autorizacións de residencia e traballo en vigor, embarcados nos buques pesqueiros españois.

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles desde a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Para aqueles solicitantes con paradas que finalicen con posterioridade á entrada en vigor desta convocatoria, o prazo de 15 días hábiles comezará ao día seguinte ao da finalización da parada única ou da segunda parada que realizasen, que finalizará como máximo o 30 de setembro de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade