O exdirectivo de Adif saíu de declarar entre apupos de vítimas e familiares
O exdirectivo de Adif saíu de declarar entre apupos de vítimas e familiares
A policía identificou varias persoas polos altercados
Non cren "nin unha palabra" da súa declaración ante o xuíz
Andrés Cortabitarte chegaba puntual a declarar ante o xuíz. Está acusado da morte de 80 persoas no accidente do Alvia en Angrois. Daquela era o xefe de seguridade de ADIF. Este xoves estaba visiblemente tenso.
De novo importante presenza policial para evitar o contacto coas vítimas e as familias. Entenden que a súa responsabilidade é maior ca a do maquinista.
Cortabitarte puido declarar xa hai unha semana, como estaba previsto, pero solicitou un aprazamento para recuperarse do golpe que recibiu do pai dunha das vítimas mortais.
Vítimas e familiares conclúen que mentiu e aseguran que non cren "nin unha palabra" da súa declaración. Á saída, proferiron berros neste sentido.
A policía identificou por estes altercados varias das persoas afectadas que seguen desde os exteriores da Cidade da Cultura o desenvolvemento de cada xornada da vista oral.