Publicador de contidos
Publicador de contidos

O accidente dun camión nas Nogais obrigou a cortar o tráfico na A-6

O accidente dun camión nas Nogais obrigou a cortar o tráfico na A-6

O accidente tivo lugar de madrugada, un tráiler cargado de paquetería que circulaba en dirección Lugo perdeu o control e saíu da vía

O condutor, ferido leve, foi trasladado ao HULA

G24.gal 06/05/2022 10:41 Última actualización 06/05/2022 13:55

Un camión envorcou no quilómetro 444 da autovía A-6, á altura das Nogais, cando circulaba en dirección á Coruña. Como consecuencia do accidente, o condutor quedou ferido leve e foi trasladado ao hospital Lucus Augusti de Lugo.

Por causas que se descoñecen, o vehículo saíu da vía cara á beira dereita e logo cara á esquerda, polo que quedou atravesado no medio da calzada. Como resultado do sinistro, a autovía permaneceu cortada en sentido ascendente durante máis de catro horas.

A primeira hora da mañá, habilitouse un carril, que posteriormente se cortou de novo para recoller a mercadoría e retirar o camión. Mentres se realizaban estes traballos, o tráfico foi desviado de novo pola estrada N-VI.

No remolque, o vehículo transportaba paquetes de todo tipo, que quedaron tirados ao longo dun cento de metros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade