Publicador de contidos
Publicador de contidos

Covelo rexistra un terremoto de intensidade 3,1 na escala Ritcher

Covelo rexistra un terremoto de intensidade 3,1 na escala Ritcher

O sismo notouse en Covelo, As Neves, Mondariz e Ponteareas e, poucos minutos despois de producirse, rexistrouse unha réplica de menor intensidade

G24.gal 18/01/2022 11:54

Unha sucesión de pequenos movementos sísmicos con epicentro no municipio pontevedrés do Covelo sacoden a zona desde hai varios días, con intensidades entre 1,6 e 3 segundo a escala Richter, e non se rexistraron danos, segundo confirmaron fontes municipais.

Segundo se recolle nos rexistros do Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro dos tremores notouse o pasado domingo, sobre as 15:30 horas e a magnitude foi de 2,3. O luns rexistrouse outro tremor, pasadas as 21:00 horas, de magnitude 2.

Na madrugada e a mañá deste martes tamén se rexistraron varios movementos sísmicos. Segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro deles tivo lugar ás 1:00 horas da madrugada e alcanzou a magnitude 2,3.

Durante toda a madrugada producíronse pequenos terremotos, de magnitude inferior a 2, pero ás 8:33 horas desta mañá tivo lugar un tremor de intensidade 3,1. Este sismo notouse en Covelo, As Neves, Mondariz e Ponteareas e, poucos minutos despois de producirse, rexistrouse unha réplica de menor intensidade.

Para a maioría da veciñanza do Covelo pasou desapercibido e, afortunadamente, non hai que lamentar danos. Houbo mesmo quen confundiu o estrondo co ruído cunhas obras que se están facendo na rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar