Publicador de contidos
Publicador de contidos

Creatividade culinaria en miniatura na III Ruta de Tapas e Petiscos de Galicia

Creatividade culinaria en miniatura na III Ruta de Tapas e Petiscos de Galicia

Participan máis dunha trintena de establecementos das catro provincias ata o vindeiro domingo

O campionato, no que as creacións serán avaliadas por un xurado profesional, terá lugar o 14 e 15 de outubro no Pazo de Vilamarín

G24.gal 10/10/2024 20:37 Última actualización 10/10/2024 20:58

A ruta naceu para dar a coñecer aos cidadáns as propostas gastronómicas que competirán no Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia.

Nesta terceira edición baixo o nome de Vía da Prata.

No concurso búscase a orixinalidade e o sabor concentrados en creacións que se poidan saborear en tan só un par de bocados e nos que teñan protagonismo os produtos da nosa terra.

A iniciativa partiu da Academia da Tapa e o Petisco, que ten como obxectivo potenciar a gastronomía en miniatura.

A ruta rematará o domingo 13 de outubro para deixar paso ao xurado profesional que avaliará estas creacións no campionato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar