Cargando resultados...
Cruzan a raia para mercar bombonas á metade de prezo en Tui
Cruzan a raia para mercar bombonas á metade de prezo en Tui
O gas butano e o propano custan a metade ca en Portugal
Hai xente que percorre 80 quilómetros para abastecerse en Tui
G24.gal
04/12/2022 17:33
Última actualización 04/12/2022 18:28
Poboación lusa que vive preto de Tui cruza a fronteira a miúdo para mercar en España bombonas de butano e propano, moito máis económicas ca no país veciño.
Nalgunhas gasolineiras tudenses o traballo é intenso estes días coa chegada da friaxe. As diferenzas entre ambos os dous países no prezo do gas poden chegar aos vinte euros.
Unha bombona en Portugal custa o dobre que en España. Moitas persoas chegan a percorrer ata 80 quilómetros para abastecerse durante todo o mes.
Estas diferenzas de prezos afectan tamén aos combustibles, algo que non entenden no país veciño.