Fanse 25 anos do terremoto de 5,1 que se orixinou na montaña de Lugo
Fanse 25 anos do terremoto de 5,1 que se orixinou na montaña de Lugo
O tremor foi seguido por catrocentas réplicas nos días seguintes
Foi o de maior intensidade en Galicia desde que hai rexistros
Medo é a palabra que todos empregan para referirse ao terremoto que fixo tremer Becerreá hai 25 anos.
A TVG recuperou algunhas imaxes daqueles días. O tremor de terra, de 5,1, orixinouse na Montaña de Lugo, no lugar que logo se coñecería como o triángulo sísmico formado por Triacastela, Sarria e Becerreá. Nesta última vila deixou cascotes na rúa e fendas en moitos edificios.
Moitos veciños deixaron as casas e preferiron pasar as noites ao raso, durmindo no coche, porque as réplicas seguiron varios días.
Hai 25 anos foi o tremor máis intenso en Galicia desde que hai rexistro. Desde aquela houbo moitos máis, pero o susto do primeiro é difícil de esquecer.