Da Guarda a Compostela, o alcalde de Madrid fai o Camiño por quinta vez
Da Guarda a Compostela, o alcalde de Madrid fai o Camiño por quinta vez
O alcalde de Madrid rematou o Camiño de Santiago por quinta vez. José Luis Martínez-Almeida chegaba o sábado pola tarde á praza do Obradoiro despois de percorrer o camiño portugués pola costa, unha ruta que comezaba o martes pasado na Guarda e que, segundo confesou, foi a que máis lle gustou das que fixo nos últimos anos. Martínez-Almeida dixo que xa está pensando en facer outra ruta o próximo ano.
"Quizais é o máis bonito dos camiños en que estiven, o Camiño portugués pola costa, con etapas marabillosas, como desde A Guarda ata Baiona, pero tamén o resto das etapas. É un itinerario moi recomendable. Eu recomendo sempre vir a Galicia, e neste caso recomendo facer o Camiño portugués pola costa. Fáltanos posiblemente o de Santiago-Fisterra, así que non descartamos que ese sexa o que toque o ano que vén", asegurou o alcalde de Madrid.