Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Seprona denuncia as malas condicións en que vivían uns cans nun prostíbulo do Saviñao

O Seprona denuncia as malas condicións en que vivían uns cans nun prostíbulo do Saviñao

O dono dos cans podería enfrontarse agora a unha sanción de ata 30.000 euros

G24.gal 24/11/2021 13:52

O Seprona denunciou as malas condicións en que se encontraban uns cans nun antigo club de alterne de Vilatán, no Saviñao. Tras seren alertados polos veciños, os axentes comprobaron que os animais malvivían no patio do prostíbulo, desnutridos e rodeados das súas propias deposicións. 

No escrito que lle remitiron ao xulgado de Monforte, os gardas relataron que lles deron aos cans tres litros de auga, que beberon dunha sentada. Posteriormente, os animais foron retirados do lugar. 

Por infrinxir a Lei de benestar animal, o dono dos cans podería enfrontarse agora a unha sanción de ata 30.000 euros. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade