Un veciño de Sigüeiro, en Oroso, denunciou ser vítima dun secuestro e acabou condenado
Un veciño de Sigüeiro, en Oroso, denunciou ser vítima dun secuestro e acabou condenado
A Xustiza condena o home por intromisión ilexítima no honor da súa exparella e do seu novo compañeiro
Deu a entender publicamente que estas dúas persoas puideran ser os autores do seu secuestro
En xullo de 2017, Amancio denunciou o seu suposto secuestro ante a Garda Civil en Sigüeiro. Nesta entrevista feita naquelas datas o home lanzaba sospeitas sobre a exparella e o compañeiro desta, como posibles autores.
Nunha poboación tan pequena como Sigüeiro unhas declaracións deste tipo dan lugar a un sufrimento moito maior. Os meus clientes mesmo chegaron a ser chamados secuestradores pola rúa, amais tiñamos dúas nenas pequenas en medio de todo esta lea, por tanto si que é verdade que cando pensamos a cuestión falabamos dunha verdadeira reparación do dereito ao honor como pensamos que así foi recoñecido tanto polo Xulgado de Ordes coma pola Audiencia Provincial da Coruña en apelación, di o avogado Xosé Manuel Piñeiro.
Coa sentenza firme diante, o avogado das vítimas pide a súa execución para reparar o dano causado.
Había unha intromisión ilexítima no dereito ao honor dos meus clientes por mor desas declaracións que se fixeron en aras dunha liberdade de expresión ou dun suposto dereito á información. O que sucedeu é que excedeu eses dereitos e estímanse as nosas pretensións de intromisión ilexítima do dereito ao honor dos meus clientes, afirma Piñeiro.
A sentenza condena tamén a Amancio a indemnizar as vítimas con 12 mil euros e a pagar as custas xudiciais.
El sabía xa daquela que non era correcto o que estaba facendo e fíxoo. Os informes aos que accedemos na vía penal que el aperturou deduciuse que el estaba claramente en Vigo, tivo varios ingresos no Cíes de Vigo, en urxencias e os irmáns tiveron que ir buscalo, apunta o avogado.